Categorías

Sobre Confitería Rogelio


SOMOS ARTESÁNS DENDE 1967

O posto de CONFITERÍA ROGELIO no Mercado de Tomiño ten, cada día, os doces artesanais que elaboran no noso obrador da Guarda, seguindo a tradición familiar que comezou o noso pai Rogelio. Ao mesmo tempo innovando, utilizando os mellores ingredientes e engadindo moito cariño a todos os nosos produtos. Por iso quedan tan bonitos por fóra e deliciosos por dentro!!!

Temos una gran variedade de doces:

Tartas personalizadas, pasteis, roscas, biscoitos, madalenas, galletas de nata, bombóns con empaquetado especial para regalo, lambetadas, xeado...

Tamén ofrecemos produtos diferentes para as distintas épocas do ano.

No carnaval, orellas e flores. En Pascua roscas, casiñas e ovos de chocolate. No Samaín, buñuelos recheos e ósos de santo. No Nadal, figuriñas de mazapán, polvoróns, panettones, turróns, roscón de reis…

Espérovos no posto do Mercado e na tenda on-line. Estarei encantada de atendervos!!!

A nosa tenda